Vuelve a la página principal
AEROFLOTA DO NOROESTE
Contáctanos aquí.
Ou escríbenos un email:
informacion@afngrupo.es
Prensa y MultimediaProgramación de vueloEnlacesAerofertas

CURSO MODULAR PILOTO COMERCIAL DE AVIÓN MONOMOTOR CPL(A)


O obxectivo do curso é formar a pilotos titulares dunha PPL(A) baixo a supervisión do Xefe de Ensino dunha FTO ao nivel de coñecementos teóricos requiridos para a obtención da Licenza de Piloto Comercial..

O programa de coñecementos teóricos comprenderá un total de 340 horas de ensino teórico divididas entre as seguintes materias:

• Dereito Aéreo e Procedementos ATC.
• Coñecemento Xeral de Aeronaves.
• Principios de Voo.
• Performance e Planificación de Voo.
• Actuacións y Limitacións Humáns.
• Meteoroloxía.
• Navegación.
• Procedementos Operacionais.
• Radiotelefonía.

 

As JAR 1.165 (a)(4) esixen unha instrución en voo reflectida no Apéndice I e 2 ao JAR-FCL 1.160 e 1.165 de:

    • Polo menos 25 horas de voo se non posúe habilitación I.R.(A).
    • 10 de instrumentos
    • 5 de voo nocturno.
    • 5 en avión con paso variable e tren retráctil.

O aspirante deberá pasar un exame de preselección nesta escola dentro dos seis meses precedentes ao curso.

O Curso Modular CPL(A) de AFN será impartido para aspirantes non posuidores da Habilitación de Voo por Instrumentos.

Unha vez finalizado o adestramento, o candidato deberá demostrar os seus coñecementos teóricos e a súa pericia en voo, segundo detalla o Apéndice 1 e 2 do JAR-FCL 1.170.

REQUISITOS:

Tal e como se especifica no JAR-FCL 1.140, 1.145 e 1.150, o aspirante deberá acreditar unha experiencia de voo de 200 horas das cales:
    • 100 serán como piloto ao mando.
    • 20 serán como travesía, incluíndo unha viaxe longa de 300 NM con dúas paradas completas en aeródromos diferentes.
    • 10 horas de instrución de instrumentos dun máximo de 5 horas en simulador y 5 horas de voo nocturno.

Antes de comezar o Curso Modular, o aspirante:

    • Será titular dun PPL(A).
    • Realizaría 150 horas como piloto.

 

AEROFLOTA DO NOROESTE © 2008 | Contacto | Enlaces | Programación de voo