AEROFLOTA DO NOROESTE
Contáctanos aquí.
Ou escríbenos un email:
informacion@afngrupo.es
Prensa y MultimediaProgramación de vueloEnlacesAerofertas

Voos de iniciación, bautismo de aire... chamémoslle como lle chamemos trátase dunha experiencia única: experimentar o pracer de voar en aparellos de alta calidade, fiabilidade e seguridade. Avións de pequeno tamaño cos que descubrirás o apaixonante mundo da aviación e a espectacularidade de Galicia vista dende arriba. Porte aos mandos dun dos nosos avións non te deixará indiferente.

Os voos de iniciación teñen unha duración media de 30 minutos (ampliable a petición do cliente) Galicia, cos seus máis de 1.300 kms. de costas e os seus belos e agrestes espazos interiores, ofrece unha das paisaxes máis fermosas e espectaculares para ser observados desde o aire.

En AFN propómosche gozar das mellores vistas, tanto do litoral e as súas praias como das súas cidades dun xeito que che permitirá apreciar tódolos seus detalles nunha experiencia inesquecible, todo isto mentres te inicias no apaixonante mundo de voar.

Este servizo ofrécese desde os aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela.

 

 
AEROFLOTA DO NOROESTE © 2008 | Contacto | Enlaces | Programación de voo